XXXIII CROSS ESCOLAR «PÁRROCO DON CAMILO» (30 MARZO 2025)
A A.N.P.A. do C.E.I.P. Plurilingüe Párroco Don Camilo, coa colaboración do C.E.I.P. Párroco Don Camilo, Concello de Vigo, Comesaña Sporting Club e Agrupación Xóvenes Atletas, organiza o XXXIII Cross Escolar Párroco Don Camilo, que se celebrará o día 30 de marzo de 2025 a partir das 10:30 horas no propio centro escolar e transcorrerá polas rúas de San Andrés de Comesaña.
As inscrición de tóda las categorías pecharanse sen excepción ás 23:59 horas do día 24 de marzo de 2025. Toda solicitude de inscrición chegada con posterioridade a data peche será rexeitada.
Os dorsais serán entregados o domingo día da carreira no colexio, ata 30 minutos antes de cada carreira, na zona habilitada para a recollida.
Calquera dúbida poderá consultar mandando un mail a: cross@anpaparrocodoncamilo.org
RECORDATORIO: na noite do sábado ao domingo producirase o cambio de hora. Ás 2 da mañá serán as 3. Non cheguedes tarde.

Resultados
Regulamento
Edicions Anteriores
Os nosos colaboradores próximos
CATEGORÍAS / HORARIOS
RECORRIDOS






NUESTROS PATROCINADORES
RECOMENDACIÓN APARCAMENTO
Desde as 10:00, o acceso pola Estrada Matamá Pazo ao colexio estará pechado ao tráfico.
Recomendamos aparcar en 3 sitios diferentes:
- no Parking Bar Xulia na Estrada Camposancos, 45 e arredores, tal e como se ve na imaxe adxunta (liñas vermellas). Poderá subir por Camiño Tombo (liña azul) ata a Igrexa e virando á esquerda, chegar á baixada do Colexio.
- na Estrada Matamá Pazo-Comesaña, 162: no aparcadoiro de terra situado ao comezo da Estrada Matamá-Pazo entrando por Estrada Camposancos, xunto a Gruas Orvi. Despois seguir camiñando pola Estrada Matamá-Pazo ata a Igleasia e a baixada ao Colexio.
- ao longo do Camiño Sanín, desde o comezo ata a SRD Nautilius e o seu aparcadoiro posterior de terra.

