
O Comesaña Sporting Club organizará en Vigo o próximo día 26 de novembro, patrocinio do Concello de Vigo, máis a colaboración da Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, o “44º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través” en San Andrés de Comesaña, “Molinos”, á beira do campo de fútbol de “A Xunqueira”.
Nas categorías Sub-16 e menores (Cadete, Infantil, Alevín e Benxamín), e baixo o patrocinio dá Xunta de Galicia, celebrarase conxuntamente a “Fase Zonal de Vigo do Deporte en Idade Escolar” clasificatoria para os Ctos. Provinciais de Campo a Través do Programa Xogade.

As inscricións (solamente federado ou Xogade), faranse dixitalmente en: http://comesana.org/ pechándose as mesmas o 22 de novembro as 20:00 h.
Senón podes participar, anímache a vir velo e gozar dunha mañá de auténtico Cros.