A A.N.P.A. do C.E.I.P. Plurilingüe Párroco Don Camilo, coa colaboración do C.E.I.P. Párroco Don Camilo, Concello de Vigo, Comesaña Sporting Club e Agrupación Xóvenes Atletas, organiza o XXXII Cross Escolar Párroco Don Camilo, que se celebrará o día 10 de marzo de 2024 a partir das 10:30 horas no propio centro escolar e transcorrerá polas rúas de San Andrés de Comesaña.
As inscrición de tóda las categorías pecharanse sen excepción ás 23:59 horas do día 05 de marzo de 2024. Toda solicitude de inscrición chegada con posterioridade a data peche será rexeitada.
Os dorsais serán entregados no Decathlon do Centro Comercial Meixueiro o Sábado 9 de Marzo en horario de 11:00 a 21:00, o domingo no colexio na zona habilitada para a recollida.
Calquera dúbida poderá consultar mandando un mail a: cross@anpaparrocodoncamilo.org





Inserma
previous arrow
next arrow


Desde as 10:00, o acceso pola Estrada Matamá Pazo ao colexio estará pechado ao tráfico.
Recomendamos aparcar en 3 sitios diferentes:

  • no Parking Bar Xulia na Estrada Camposancos, 45 e arredores, tal e como se ve na imaxe adxunta (liñas vermellas). Poderá subir por Camiño Tombo (liña azul) ata a Igrexa e virando á esquerda, chegar á baixada do Colexio.
  • na Estrada Matamá Pazo-Comesaña, 162: no aparcadoiro de terra situado ao comezo da Estrada Matamá-Pazo entrando por Estrada Camposancos, xunto a Gruas Orvi. Despois seguir camiñando pola Estrada Matamá-Pazo ata a Igleasia e a baixada ao Colexio.
  • ao longo do Camiño Sanín, desde o comezo ata a SRD Nautilius e o seu aparcadoiro posterior de terra.

Compartir