
A biblioteca do noso cole participa no programa LECTURAS E FAMILIAS. Temos por obxectivo achegar a biblioteca ás familias e navegar xuntos polo incrible mundo da lectura. Ao longo destes meses teremos certas actividades para gozar EN FAMILIA.
A próxima semana, VENRES 7 DE MARZO, no centro cultural Nautilus de San Andrés de Comesaña, temos a oportunidade de vivir unha tarde de lectura e contos con Charo Pita (escritora e narradora cunha gran traxectoria). Será ás 18:00.
Aínda que a actividade se organiza dende o centro, é para estar en familia: os nenos e nenas deberán ir acompañados de pais, nais, avós, avoas…
O contacontos está destinado a infantil, 1º, 2º e 3º de primaria, pero calquera persoa que goce dos contos e da lectura pode asistir e pasar un bo rato, incluso os maiores do centro.
Compartimos a ligazón para anotarse: https://forms.gle/JMU7bftJaR6pUywW8