
Un ano mais, a Concellería de Deportes do Concello de Vigo e a Fundación Vide, coa Dirección técnica do Club Natación Rías Baixas, poñen en marcha a xa consolidada Liga de Natación Escolar Concello de Vigo, que neste ano 2025 cumpre a súa novena edición.
Os nenos do noso colexio que participaron o ano pasado saíron moi contentos, , polo que pensamos repetir a experiencia dun día de deporte e diverisón.
Datas:
– 1a Xornada: 26 de xaneiro
– 2a Xornada: 23 de marzo
– 3a Xornada: 11 de Maio
Sede : Piscina Municipal do Carme (Complexo Municipal das Travesas).
Horarios: As xornadas desenvolveranse entre as 9.00h e as 14.00h
Categorías:
– Promesas: Anos de nacemento: 2017, 2018 e 2019.
– Benxamíns: Anos de nacemento: 2013, 2014, 2015 e 2016.
Probas da primeira xornada:
– 25 metros libres mixtos Promesas
– 25 metros espalda mixtos Promesas
– 25 metros libres mixtos Benxamín
– 25 metros espalda mixtos Benxamín
La participación e aberta y gratuita.
Poderas descargar o regulamento aquí
Inscrición : para cada un dos alumnos interesados en participar (os rexistrados para a primeira xornada xa están inscritos automaticamente para as demais xornadas), deberase cubrir neste formulario de preinscrición. Data límite de inscrición, venres 14 de Marzo de 2025 ás 23:59
Para calquera dúbida, poderá responder a este correo ou escribir a liganatacion@anpaparrocodoncamilo.org